As persoas de PEIXE SOFTWARE constituímos unha organización eminentemente orientada a achegar solucións tecnolóxicas que faciliten a vida das persoas e a mellora dos procesos dos nosos clientes.
Perseguimos a excelencia nos nosos proxectos fomentando o desenvolvemento persoal e profesional dos nosos empregados. Apostamos por iso pola formación, pola mellora continua dos nosos procesos, pola investigación permanente, e nun mundo tan fluctuante, por non dar nunca nada por definitivo.
Cremos que a satisfacción e motivación dos nosos empregados transfórmase en satisfacción dos nosos clientes e con iso garante o noso éxito como empresa.
Esiximos dos nosos empregados, fidelidade, profesionalidade, compromiso e transparencia. A cambio velamos pola convivencia da súa vida familiar e a profesional, perseguimos políticas de retribución novas e avanzadas, e tratamos de xerar actitudes positivas nunha contorna de confianza mutua.
PEIXE SOFTWARE non discrimina a ninguén polo seu sexo, orixe, nivel cultural ou cor. Apostamos pola igualdade de oportunidades, dereitos e obrigacións.
Esiximos dos nosos partners un nivel de compromiso similar ou equivalente ao que buscamos no noso propio equipo.
Tratamos de devolver á sociedade parte dos nosos beneficios, entendendo que iso é, non só obrigado moralmente, por ser a fonte dos nosos ingresos, senón unha clara aposta estratéxica de futuro.
Esforzámonos en comprender as inquietudes da sociedade e compartimos os retos das comunidades onde operamos, respectando a súa cultura e a súa identidade, e colaborando no seu desenvolvemento.
Tratamos aos nosos clientes coa máxima profesionalidade e comprometémonos obsesiva e firmemente cos seus obxectivos. A cambio pedimos destes, transparencia, nobreza, recompensa e fidelidade.
Cumprimos con todas as normativas ambientais que poidan ser de aplicación ao noso negocio, e apostamos proactivamente por mellorar os nosos aprovisionamentos buscando dos nosos provedores o máximo compromiso ambiental.